Saturday 04 de May de 2024

O concello ampliará a rede de saneamento no lugar de Frións na parroquia de Carreira


A xunta de goberno local do Concello de Riveira aprobou sacar a licitación unha nova actuación consistentes na ampliación da rede de saneamento e pavimentación no lugar de Frións, na parroquia de Carreira.

Esta obra ten un orzamento 62.260 euros, financiados con cargo ao POS Adicional 2016 da Deputación, e un prazo de execución de dous meses. As empresas interesadas poderán facer as súas ofertas unha vez se publique o anuncio oficial correspondente no Boletín Oficial da Provincia.

A área de actuación carece de rede de saneamento, razón pola cal se vai instalar unha infraestrutura consistente nunha tubaxe de 390 metros de longo a través da cal se conducirán as augas residuais ata o punto máis baixo do trazado, no que se conectará coa rede municipal. Tamén se instalarán doce pozos de rexistro.

Pavimentación
En canto a pavimentos, aglomerarase a todo o ancho da calzada na zona en cuestión ademais de repoñer a beirarrúa afectada.